Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Federación Gallega de Triatlón:
Javier Gómez Noya proclamouse vencedor da proba do Dextro Energy-Campionato do Mundo de Londres, superando na súa casa a Alistar Brownlee e amosando un nivel altísimo. É a segunda vitoria consecutiva no circuito mundial (tras Hamburgo) do galego que nestes momentos ocupa a segunda posición na clasificación mundial por detrás do alemán Frodeno, que foi terceiro.
Gómez Noya enfrontaba esta proba con moita ilusión e confianza, xa que viña de gañar en Hamburgo e ademais atópase nun gran momento de forma. En Londres estaban os mellores do mundo e se preveía una loita pechada entre o galego e Alistair Brownlee, que corría na súa casa. E non decepcionaron.
Alistair Brownlee saiu primeiro da natación, mentres que Gómez Noya ocupaba a octava posición. O percorrido en bicicleta foi en grupo para os favoritos aínda que por diante estaba un grupillo de seis no que figuraba o outro galego presente na proba, Iván Raña, que chegou á segunda transición con 49 segundos de vantaxe.
Na carreira a pe, Javi amosou una tremenda superioridade. Os favoritos (Javi, os irmáns Brownlee e Jan Frodeno) foron a polos escapados e colléronos antes de que rematara a primeira volta. A falta de 5 quilómetros ataca o ferrolán e quede descolgado Frodeno, polo que se queda a loita polo triunfo entre o triatleta galego e os irmáns Alistair e Jonathan. A falta de 2 quilómetros, Javi volve a impor un ritmo endiablado e primeiro cae Jonathan, pero a falta dun quilómetros queda atrás Alistair, que ademais se desfondou intentando seguir a Javi, e neste último quilómetro foi superado por varios deportistas é chegou na décima posición.
Trala carreira, Javi Gómez Noya é segundo na clasificación mundial por detrás de Frodeno e aumentan as posibilidades de lograr o título a falta de dúas probas para o final do circuito.