..::DEPORTE.GALICIADIGITAL.INFO::..
 
Ver listado de empresas que comienzan con la letra "
PUERTOS DEPORTIVOS 
DEPORTES TRADIC. 
FEDERAC./DELEGAC. 
CLUBS Y SOCIEDADES 
AS. DEPORT./CULTUR· 
PESCA DEPORTIVA 
CAZA DEPORTIVA 
CAMPOS DE GOLF 
  [VOLVER
Presentado o Plan de Turismo de Golf de Galicia valorado nun millón de euros  
O Plan persegue converter o golf nun recurso que potencie a chegada de novos turistas a Galicia. Xurdiu a raíz do Plan do Turismo de Galicia 2010-2013, a folla de ruta pola que se rexe a política galega actual e que insta ao impulso deste deporte dende un punto de vista turístico.

A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, presentou o Plan de Turismo de Golf de Galicia, valorado en 1 millón de euros, nun acto no que estivo acompañada do secretario xeral para o Deporte, José Manuel Lete, e o xefe de área de xestión de calidade de Turgalicia, Enrique Pérez Etxeverría.

O propósito principal deste Plan é, segundo explicou Carmen Pardo, conseguir que este deporte se converta nun recurso que potencie a chegada de novos turistas a Galicia. Dentro dos seus obxectivos estratéxicos figura a posta en valor e ordenación da oferta de golf e a súa posición no mercado turístico. O Plan de Turismo de Golf xurdiu a raíz do impulso que está a vivir todo o sector que rodea este deporte, plasmado xa no Plan de Acción do Turismo de Galicia 2010-2013 que rexe a política turística galega actual.

O Plan identifica os mercados obxectivos e define un conxunto de accións articuladas nun período determinado. Esas accións estruturaranse, segundo explicou Carmen Pardo, en catro categorías diferentes: aquelas que actúan sobre a comunicación e a imaxe, as que inciden sobre o produto, as que o fan sobre a comercialización e as que actúan sobre a promoción.

Accións

Entre as accións máis destacadas do Plan, que se acometerán nos vindeiros tres anos, destaca a presenza de Galicia como destino na feira IGTM, un encontro con turoperadores europeos a raíz do Campionato de golf de Nacións do Camiño de Santiago, ou a comercialización e creación de produtos enfocados a turistas séniors. O IV Torneo Nacional de Axentes de Viaxes ou o II Congreso Mundial de Xerentes de Campos de Golf serán outras dúas oportunidades para atraer aos dirixentes nacionais e internacionais deste sector e integrarse nas principais canles de distribución.

A metodoloxía empregada para o deseño e elaboración do Plan de Turismo de Golf foi o coñecemento análise de información clave a partir da DAFO (debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades); entrevistas persoais cos representantes de todas as áreas analizadas, visitas e inspeccións oculares, metodoloxía propia de estudo para estas ocasións, reunións, briefing e posta en común de todo o sector chamado a participar no desenvolvemento do Plan.

O Plan permite unha análise de información técnica sobre Galicia no eido golfístico (infraestruturas, climatoloxía, oferta, evolución da demanda, campañas de comunicación realizadas nos últimos anos...), así como un estudo pormenorizado do turista de golf (perfil do turista, perfil do xogador nacional e internacional...).

O golf é o terceiro deporte en España por número de licenzas federativas. En Galicia existen en total 22 instalacións de golf, 7 de 18 buratos, 7 de 9 buratos e 8 pitch&putt. Catro destes campos de golf están ubicados en complexos hoteleiros con instalacións balnearias, o que posibilita, tal e como dixo a secretaria xeral, “xuntar a oferta de turismo de golf coa termal”. “Tamén traballaremos por ligar a oferta de golf coa oferta de turismo gastronómico, enolóxico, rural, e cantos produtos turísticos acheguen un plus de calidade para posicionar o golf no mercado nacional e internacional, mediante a creación de produtos turísticos de calidade”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia
2010-07-29

 
OTRAS NOTAS
Cidade de Lugo Fluvial, campión de España de Triatlón en cadete femenino
Castrosua gana la general de la Regata Rías Baixas Martín Códax
Éxito del III Trofeo de Fotografía Submarina Vila de Portonovo
Unhas 70 nadadoras participan no XII Campeonato de España Xuvenil de Natación Sincronizada en Ferrol
Os Clubes Teixugos, Dumbría e Val Miñor acadan o podio na 3ª Competición Promoción Slalom
A USC e a Luis Moya Rally School colaborarán en programas docentes e proxectos de investigación
El fin de semana 23, 24 y 25 de abril se celebra la segunda prueba del CAMPEONATO GALLEGO DE TODO TERRENO “ECOTRACK”.
Os deportistas do Teixugos acadan o primeiro posto no ránking por clubes do VI Slalom do Val Miñor
El Labec Pharma & Capital Markers de Snipe se sube al podium en Ribeira
16 atletas, equipos e institucións, galardoados cos premios do Deporte Galego 2009