..::DEPORTE.GALICIADIGITAL.INFO::..
 
Ver listado de empresas que comienzan con la letra "
PUERTOS DEPORTIVOS 
DEPORTES TRADIC. 
FEDERAC./DELEGAC. 
CLUBS Y SOCIEDADES 
AS. DEPORT./CULTUR· 
PESCA DEPORTIVA 
CAZA DEPORTIVA 
CAMPOS DE GOLF 
  [VOLVER
A USC e a Luis Moya Rally School colaborarán en programas docentes e proxectos de investigación  
A Universidade de Santiago de Compostela e a Luis Moya Rally School acordaron este xoves colaborar no desenvolvemento de programas docentes e proxectos de investigación e asesoramento mutuo no ámbito do automobilismo.

A Universidade de Santiago de Compostela e a Luis Moya Rally School acordaron colaborar no desenvolvemento de programas docentes e proxectos de investigación e asesoramento mutuo no ámbito do automobilismo. Asinaron o acordo o reitor Senén Barro e o director da Escola, Luis Moya, en presenza do profesor do Departamento de Farmacoloxía da USC, Manuel Freire-Garabal.

Paralelamente, no Salón de actos da Facultade de Medicina, inaugúrase o Ciclo de Conferencias ‘Na estrada e no amor, conduce con prudencia’ cuxa primeira sesión, titulada ‘A seguridade dos campións’, correrá a cargo de Luis Moya e Álvaro Louro, da Nupel Global Team, que serán presentados por Manuel Freire-Garabal, coordinador do curso.

O ciclo, catro conferencias a celebrar durante o mes de maio, pretende achegar información aos estudantes da USC sobre a condución segura desde diferentes puntos de vista como o da técnica de pilotaxe, a prevención, os elementos mecánicos e a atención en caso de accidente. Está patrocinado por Profilatex, marca de preservativos da multinacional galega Laboratorios Asociados Nupel, de aí o seu título.

Promovidas pola Promoción de Medicina 2010 e o Paso de Ecuador de Medicina, as conferencias están abertas a 450 estudantes de todas as titulacións da USC, que obterán 1 crédito de libre configuración. O ciclo lévase a cabo en colaboración con Nupel Global Racing e os seus diferentes patrocinadores, como Laboratorios Asociados Nupel, River ou Ford. Tamén participan a Asociación Unificada da Garda Civil, o 061, a ONG Estudantes Sen Fronteiras, a Asociación Fonte Limpa, a Asociación de Estudiantes Gime e Meiga da Facultade de Medicina.

As conferencias

O ciclo continuará o 12 de maio coa presenza dos gardas civís de tráfico e membros de AUGC José Antonio Agudo Martín-Cleto e Manuel Moya Segura coa conferencia ‘Ellos nos protegen’. Seguiralle, xa o 24 de maio, unha intervención na que se porá en valor a importancia da mecánica para a seguridade, da man do equipo técnica Ford da Luis Moya Rally School, S.L. O ciclo rematará, o 25 de maio, tratando cuestións relacionadas coa atención sanitaria en casa de accidente. Baixo o lema ‘E se pasa algo, que facer?’ intervirán Gonzalo Amigo, médico do 061 e Miguel Ángel Iglesias Blanco, tenente sanitario da Garda Civil e AUGC.

Luis Moya Rally School

Trátase dunha escola de formación en automobilismo deportivo que, baixo a dirección de Luis Moya e en coordinación co Nupel Rally Team formará a mozos/as interesados en adquirir coñecementos teóricos e prácticos no deporte do automobilismo.

A actividade desta escola abranguerá a selección e formación de novas promesas que competirán como pilotos Nupel na temporada 2011 e a finalidade docente impartindo cursos e seminarios de formación (teórica e práctica) e de perfeccionamento, dirixida a todos os axentes implicados no deporte do automóbil, atendendo á súa vez á formación e selección ás promesas do proxecto RAS-RALLY.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC)
2010-05-06

 
OTRAS NOTAS
Cidade de Lugo Fluvial, campión de España de Triatlón en cadete femenino
Castrosua gana la general de la Regata Rías Baixas Martín Códax
Presentado o Plan de Turismo de Golf de Galicia valorado nun millón de euros
Éxito del III Trofeo de Fotografía Submarina Vila de Portonovo
Unhas 70 nadadoras participan no XII Campeonato de España Xuvenil de Natación Sincronizada en Ferrol
Os Clubes Teixugos, Dumbría e Val Miñor acadan o podio na 3ª Competición Promoción Slalom
El fin de semana 23, 24 y 25 de abril se celebra la segunda prueba del CAMPEONATO GALLEGO DE TODO TERRENO “ECOTRACK”.
Os deportistas do Teixugos acadan o primeiro posto no ránking por clubes do VI Slalom do Val Miñor
El Labec Pharma & Capital Markers de Snipe se sube al podium en Ribeira
16 atletas, equipos e institucións, galardoados cos premios do Deporte Galego 2009