
|
|
MODALIDADES DE PESCA
|
- Como regla xeral, e para tódalas especies, só se autoriza a
pesca con cana, sen prexuizo da regulamentación específica
da anguía, angula ou meixón, lamprea e cangrexo.
- Prohibese o aparello coñecido como -de ninfa- e calquera outro
semellante, lastrado no seu extremo e que arrastre polo fondo.
|
 |
- Só se poderá pescar desde embarcacións ou artefactos
boiantes naquelas zonas de auga expresamente autorizadas
nas táboas, sen prexuízo das competencías dos organismos
responsables da navegación e a flotación nas zonas de
desembocadura ou nas zonas de auga continentais.
|
 |
- As zonas de auga nas que se poderá pescar todo o ano serán as que figuran explicítamente autorizadas nas táboas, sen prexuizo das vedas que se poidan establecer na normativa de cada tempada.
|
 |
- Nas zonas de desembocadura e encoros, autorízase o emprego de dúas canas desde a beira e a unha distancia máxima do pescador de tres metros.
- Para a pesca desde embarcacións só se poderá empregar unha cana por pescador, autorizándose un máximo de tres canas por embarcación, independente que o número de pescadores sexa maior.
- Para a pesca de salmónidos en tramos de río só se permite o emprego dunha cana por pescador e dunha sacadeira ou un lazo como elemento auxiliar.
|
 |
- Autorízanse unicamente a mosca artificial nas súas distintas modalidades e a culleriña cun só anzol e sen arponciño, quedando prohibido para tódolos efectos o engado natural.
- Tódalas capturas deberán ser devoltas á auga despois da súa extracción.
- Os pescadores non poderán estar en posesión de ningún peixe, aínda que fose pescado noutro tramo.
- Os mércores poderán reservarse os permisos de couto para actividades educativas, solicitadas por entidades interesadas na mellora do medio fluvial. Nestes casos expediranse os permisos gratuitamente, podéndose amplia-lo número máximo de permisos por causas xustificadas.
- A tempada en coutos e tramos de pesca sen morte prolóngase ata o 28 de setembro
|
 |