RECOMENDACIÓNS HlXIÉNlCO-SANITARIAS A TER EN CONTA NO MOMENTO
DE MANIPULAR E INXERIR CARNE DE CAZA

Só poderá ser comercializado a carne de caza que proceda de establecementos expresamente autorizados e controlados sanitariamente (deberán cumpri-las condicións sanitarias e de sanidade animal que establece o Real Decreto 2044/1944, de 14 de outubro) e deberán expoñerse á venda debidamente marcadas e identificadas.

Pero se vostede, cazador, decide consumi-las pezas cazadas, deberá ser prudente e ter en conta unhas normas mínimas de actuación:

• Protexa a súa saúde e a dos seus:

1.- Un profesional veterinario especializado é quen mellor lle poderá aconsellar sobre as recomendacións hixiénico-sanitarias a ter en conta.

2.- Ó abater unha peza de caza maior é importante que o sangrado se efectúe rapidamente.
3.- O animal cazado deberá permanece-lo menor tempo posible no chan e deberá trasladarse nun medio de transporte limpo a un lugar onde poída ser esfolado e eviscerado dun xeito hixiénico.
4.- O esfolado e eviscerado realizarase preferiblemente co animal colgado polas patas traseiras, evitando o contacto da carne con superficies sucias e o acceso de insectos e roedores. Utilizaranse utensilios e vestimenta axeitados, lavados e desinfectodos convenientemente.

5.- É aconsellable non consumi-la carne sempre que se observen síntomos ou exista sospeita dalgunha enfermidade.
6.- A carne de xabaril debera someterse sempre a unha analise de tríquino, levado a cabo por un veterinario
7.- Retiraranse do consumo humano e do consumo animal as rachadelas producidas por mordedura de cans e polo uso de munición, osi como as zanas abxacentes.: Tamén as canais ou partes das mesmas que presenten anomalias na súa consistencia, olor ou cor, así como as partes afectadas por lesións, abscesos e tumores.

8.- As canais non se amontonarán, e se enfriarán o antes posible por debaixo de 7°C, manténdoas a esta temperatura para evita-lo crecemento microbiano.


• Protexa o medio ambiente:

1.- As vísceras e os desfeitos non comestibles non se deixarán abandonados no campo. Enterraranse de xeíto que non poídan acceder a eles outros animais ou se levaran en: contedores estancos ó lugores onde poídan tratarse convenientemente.

2.- Non dea nunca as visceras crúas ós cans, xa que ¡sto contribúe o manter ciclos parasitarios no ámbito familiar e no medio ambiente en xeral.

3.- Cando detecte algunha enfermidade no animal comuniqueo ó Servicio Provincial de Conservación da Natureza ou á Dirección Xeral de Conservación da Natureza.