 |
|
|
|
|
|
|
|
Especies Cazables
|
|
|
|
|
|
Zonas prohibidas de Caza
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Métodos ou Medios de Captura prohibidos con carácter xeral
|
 |
|
1.- Lazos, trampas, garamelos, costelas, buíces, nasas ou esparrelas.
2.- Todo tipo de métodos ou medios que impliquen o uso de visgo, como o arbolillo, as varetas, as rametas, as barracas ou paranys.
|
|
3.- Chamarices de animais vivos, mortos ou naturalizados, de perdices femias e doutros chamarices vivos, cegados ou mutilados. Todo tipo de engados eléctricos ou mecánicos, incluídas as gravacións.
4.- Aparellos electrocutantes ou paralizantes. Cebos, gases ou substancias venenosas, paralizantes, tranquilizantes, atraentes ou repelentes. Productos para crear rastros de cheiro, explosivos, anzois e arames.
5.- Faros, lanternas ou outros aparellos luminosos
e visores que permitan o tiro nocturno.
6.- Todo tipo de redes ou artefactos que requiran para o seu funcionamento o uso de mallas, como as redes abatibles, as redes-néboa ou verticais e as redes-canón.
7.- Armas que disparen en refachos, armas automáticas ou semiautomáticas con cargador que poida conter máis de dous cartuchos. Armas de aire comprimido e as dotadas de silenciador ou de visor para o disparo nocturno. Armas de fogo de calibre 22 e outra munición non autorizada.
8.- Ballestas
9.- Canóns pateiros.
10.- Furóns.
11.- Aves de cetrería, sen autorización dos servicios provinciais de conservación da Noturezo.
12.- Avións ou vehículos motorizados ou calquera tipo de aeronave.
13.- Embarcacións propuisadas por motor ou sen el, como lugar dende onde realizar disparos, asi como vehículos terrestres motorizados.
14.- O exercicio da caza en terreos que constitúan núcleos urbanos ou rurais, vilas, xardíns, parques destinados ó uso público, recintos deportivos, instalacións, fabris ou industriais, estradas, vías férreas, terreos cercados, ou calquera outro lugar que sexa declarado non cinexético por razón das súas especiais características.
15.- Disparar en dirección ás zonas de seguridade sempre que o cazador non se encontre separado delas por unha distancia maior da que poida alcanza-lo proxectil ou que a configuración do terreo intermedio sexa de tal maneira que resulte imposible alcanza-la zona de seguridade.
16.- Con carácter xeral prohíbese a caza en augas públicas cos seus leitos e marxes, salvo cando concorran circunstancias especiais, de modo permanente ou temporal, nas que a Consellería de Medio Ambiente poderá autoriza-la caza nestes lugares, difundindo publicamente esta decisión e sinalizando debidamente os terreos e as augas afectadas. Para os únicos efectos de determina-las zonas de seguridade nas que se prohibe o exercicio da caza, prohíbese unicamente nas marxes daquelas que superen os tres metros de longo.
17.- Cando se trate de augas públicas, cos seus leítos e marxes, que atravesen ou limiten terreos sometidos a réxime cinexético especial non se poderá cazar nelas, excepción feita do caso de que os titulares de tales terreos dispoñan das autorizacións pertinentes da Consellería de Medio Ambiente e das demais entidades competentes.
18.- Cazar nos carreiros a camiños rurais pouco transitados, destinados ó paso a pé e ó uso agrícola ou forestal, salvo que as condicións de seguridade o permitan.
|
|
|
|
|
|
|